lunes, 16 de septiembre de 2013

Benvidos


Ola. Son Lalo Carnota, músico, compositor e autor de libros.
Douvos a benvida ao meu weblog.
Nel poderedes seguir a miña actividade e estar ao día de canto suceda na miña vida profesional.
Para saber máis sobre min, académica e profesionalmente, na biografía teredes a información actualizada.
Botade unha ollada tamén aos libros que teño publicados para o ensino, tanto de Teoría Musical, coma de Guitarra e Baixo.
Se estades interesados no contido audiovisual, fotografías e vídeos, non dubidedes en visitar os enlaces.
Decidín dispoñer dun lugar para o contido máis inclasificable.
E, por suposto, hai un sitio onde encontraredes compañeiros, amigos, artistas aos que admiro, etc.
O mellor é que vos deades unha volta polo weblog e sede vós mesmos os que descubrides o contido. 
Para calquera cuestión que me queirades comentar, en info@lalocarnota.com poderedes contactar comigo.

Un saúdo e benvidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario